viernes, 14 de junio de 2013

A NOSA EXCURSIÓN A COTORREDONDO

Onte fomos de excursión ó Lago Castiñeiras,parecía que o tempo non ía acompañar,pero ó final foi estupendo. Despois de que a nosa guía nos levara por todo o parque e nos ensinara as especies autóctonas,os animais máis característicos,os restos históricos...Estivemos gozando no parque e na natureza o noso estilo,como non, xogando!.E para mostra un botón.

domingo, 19 de mayo de 2013

EXCURSIÓN A GADIS

O xoves 16 de maio fomos a  visitar o supermercado Gadis.E a verdade é que a visita deu moito de sí, recordamos cousas e aprendimos outras novas sobre a alimentación,gracias a nosa guía Paula.

martes, 7 de mayo de 2013

OS MAIOS

A semana pasada celebramos o maio no colexio. Decorámolo con todo tipo de plantas, herbas, flores...e lle adicamos un poema.Nestas fotos vos deixamos o resultado.


martes, 23 de abril de 2013

Ademais tivemos uns invitados sorpresa na clase,mirade que simpáticos.Estaban un pouco nerviosos.

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o día do libro ,apadriñados e amadriñados polo alumnado de 6ºC.
Despois do recreo baixamos todos o patio e nos leron un libro elexido por eles.Foi unha actividade formidable!

jueves, 18 de abril de 2013

Hoxe tivemos un día moi axetreado.A primeira hora a científica Luisa somerxeunos no mundo mariño.Foi alucinante todo o que aprendemos! E despois do recreo,visitounos Fina Casalderry,contounos historias incribles e firmounos o libro que fixemos de "Quen me quere adoptar?"E todos marchamos co noso libro firmado.
E para mostra aquí vos deixamos unhas cantas fotos.


viernes, 12 de abril de 2013

O TANGRAM

Hoxe na clase de matemáticas estivemos prácticando co tangram.Mirade que figuras fixemos.Foi moi divertido!